Playlist

O VOO DA CURUXA





Benvidos a este novo blog adicado ás curiosidades históricas. A curuxa de Atenea ofreceuse voluntaria para axudarnos no labor de atopar e dar a coñecer algunhas anécdotas, curiosidades e misterios que garda a historia. Ao longo do percorrido que levará este blog deixarémonos guiar polo voo da curuxa, a ver onde nos leva? Haberá sorpresas e encontros inesperados.

Este blog pretende ser un espazo de entretemento para estudantes de secundaria, cos cales contamos para enchelo de curiosidades. É un blog aberto; é dicir, podemos viaxar a calquer lugar, época e atoparnos cos máis variados personaxes e acontecementos. Tamén pretende ser un lugar para o descubrimento de cousas descoñecidas ou que aínda despertan controversia. 


O pasado está cheo de cantos pouco explorados. De noite, coa curuxa, atoparemos pequenos tesouros históricos. Desexádenos sorte!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario